Díaz Pardo recibe o premio especial do Fórum Gastronómico

O galardón recoñece o seu labor na construción dunha "nova identidade para a gastronomía galega"

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Isaac Díaz Pardo foi un intelectual ben coñecido pola súa labor cultural ou empresarial, pero os seus campos de acción foron tan amplos e diversos que está a ser recordado desde os ámbitos máis diversos. Un deles é o gastronómico. Onte o Fórum Gastronómico de s entregou os Premios Picadillo, a serie de galardóns destinados a premiar o traballo de profesionais do ámbito da restauración. O Premio Especial Picadillo do Fórum Gastronómico de Santiago de Compostela foi para Isaac Díaz Pardo "pola súa especial contribución á preservación e renovación da cultura e da identidade galega traducida, no ámbito gastrónomico, na creación de toda unha identidade plástica singular para a mesa e a gastronomía de Galicia a través da vaixela e as pezas cerámicas". Recolleu o premio o seu fillo Camilo Díaz.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

GastroAtlántida

GastroAtlántida

O Fórum Gastronómico de Santiago 2010 comeza esta fin de semana ata o mércores

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Identidade, Gastronomía, Isaac Díaz Pardo, Santiago de Compostela

Claves

Protagonistas
Conceptos