Comezan os traballos de consolidación da Muralla de Lugo

Os traballos afectarán a dous cubos e á rampa de acceso

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Logo de máis de dez anos sen intervencións importantes, están a comezar os preparativos para abordar tarefas de consolidación na Muralla de Lugo. As obras afectarán aos cubos 77, na zona de San Fernando, e 39, onda o Círculo das Artes, onde se correxirán problemas de filtracións e demoracións, así como en recuperar os cinchos e estructuras que se conservan no monumento. Asimesmo, completarase a rampa de acceso ao adarve que se sitúa nas proximidades da Porta Miñá. De xeito paralelo, e segundo informa El Progreso están a se facer estudos para mellorar os procesos de eliminación de especies oportunistas de plantas que poden prexudicar a estrutura.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Muralla de Lugo, El Progreso

Claves

Entidades