Impermeabilizacións e obras menores protexerán a Muralla de Lugo

Cultura investirá 200.000 euros na iniciativa

9/3/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Impermeabilizar boa parte das portas e un dos cubos, limpar a vexetación e as pintadas no contorno e derrubar construcións anexas son algunhas das medidas que se están a desenvolver na Muralla de Lugo. A Consellaría de Cultura investiu 200.000 euros en actuacións menores que pretenden mellorar o estado e o aspecto do monumento. Entre outras iniciativas, preténdese cubrir con reixas metálicas ocos que ata o de agora tiñan tapas de madeira e derrubar un antigo transformados na praza do Cantiño. O groso da actuación está dirixido a conseguir a impermeabilización das portas de Santiago, Campo Farelo e Falsa, que presentan importantes filtracións de auga.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Muralla de Lugo, Lugo

Claves