Un millón de euros financiará a recuperación da Muralla de Lugo ata 2014

A Consellaría de Cultura anuncia tamén investimentos no Templo de Mitra

19/4/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A Consellaría de Cultura anunciou onte que investirá un total dun millón de euros en obras para a recuperación da muralla de Lugo ata 2014. Xa en 2011 400.000 euros financiarán traballos de impermeabilización, limpeza de vexetación, consolidación do pavimento e obras de accesibilidade. Deste total 150.000 euros irán destinados a consolidar os cubos do monumento e mais edificacións adxacentes. Pola súa banda, no tempo de Mitra está previsto achegar neste mesmo ano 430.000 euros para comezar as obras de acabados interiores e para os traballos de posta en valor do depósito.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Muralla de Lugo, Lugo

Claves