A Consellaría de Cultura conmemora o X cabodano de Cela

A xornada de homenaxe celébrase hoxe na Cidade da Cultura

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Cidade da Cultura acolle hoxe a xornada de homenaxe coa que a Consellaría de Cultura conmemora o décimo cabodano de Camilo José Cela. Na presentación do acto, o conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez, apuntou que Cela está “entre os grandes protagonistas da nosa cultura (...) E digo “da nosa cultura” nun auditorio tan plural como este porque Cela e a obra celiana forman parte, ao mesmo tempo, da cultura iriense, coruñesa, galega, española e universal".

O encontro, que continúa ao longo de todo o día de hoxe, continúa con relatorios sobre as adaptacións cinematográficas das súas obras, o seu estilo narrativo e presentarase a obra "Camilo José Cela- Antonio Vilanova: correspondencia".

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Camilo José Cela, Xesús Vázquez, Vilanova, Cidade da Cultura de Galicia