A mesa conmemora a elección do primeiro alcalde que falou galego publicamente

Reclámalle ao actual rexedor de Compostela que siga o exemplo de Ánxel Casal

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

O 23 de febreiro de 1936 tomaba posesión Ánxel Casal, primeiro alcalde de Galicia que falou a nosa lingua a desempeñar o seu cargo. A conmemorar a efeméride, A Mesa pola Normalización, fixo entrega no rexistro do concello de Santiago de Compostela unha petición para que o actual rexedor da cidade, Xerardo Conde Roa siga o seu exemplo e empregue o galego nas súas intervencións públicas. A solicitude está asinada por veciños da cidade procedentes de fóra de Galicia. A Mesa lembra que, logo de Casal, todos os alcaldes elixidos democraticamente na cidade empregaron a nosa lingua ata o presente.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ánxel Casal, Concello de Santiago de Compostela, Lingua galega