Un novo paso para recuperación do Castelo da Palma

A Xunta aproba a modificación do PXOM de Mugardos para permitir a rehabilitación do monumeto

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O Castelo da Palma acaba de dar un paso máis de cara á súa recuperación. Case un ano despois de que o Goberno Central accedese a conceder o emprego hoteleiro ao monumento, a Consellaría de Medio Ambiente anunciaba hoxe que aprobou a modifición puntual Plan Xeral de Ordenación Municipal de Mugardos. Con esta orde permítese o comezo dos traballos de rehabilitación deste conxunto con vistas a instalar no mesmo un complexo hoteleiro. A orde da Xunta prevé tamén un aproveitamento educativo do castelo. O proxecto de crear un centro hoteleiro no lugar está en marcha desde hai dez anos.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelo, Castelo da Palma, Mugardos, Goberno Central...