Os editores adiantan os finalistas aos seus premios

Os gañadores daranse a coñecer o vindeiro nove de marzo en Compostela

A Asociación Galega de Editores deu a coñecer no seu web a lista de obras e autores finalistas aos Premios da Edición. Na mesma, destacan os nomes de Agustín Fernández Paz e Xavier Queipo, que aparecen por partida dobre como aspirantes a mellor autor e ao premio ao mellor libro de ficción. Carlos Callón, pola súa banda, está presente con dúas obras na categoría de obras de non ficción. Dentro do campo de iniciativas editoriais, están como finalistas a colección de cociña infantil e familiar de Ouvirmos, o selo Pulp Books de Rinoceronte e mais o proxecto de transformación de libro ilustrado a serie audiovisual de Os contos no camiño e Caracois de OQO Editora.

O xurado, formado por Xosé Manuel Eyré, crítico; Isabel Ares, libreira; Montse Dopìco, xornalista; Juan Blanco Valdés; editor; e Mary Luz Corral, bibliotecaria, decidirá agora os gañadores en cada categoría, que se darán a coñecer no transcurso da Gala da Edición, o vindeiro nove de marzo no hotel Quinta da Auga, en Compostela.


LISTA DE CANDIDATOS AOS PREMIOS DA EDICIÓN DO ANO 2011

PREMIO ÁNXEL CASAL AO LIBRO DE FICCIÓN
Non hai noite tan longa, de Agustín Fdez. Parz., editado por Xerais.
Deus xogando aos dados, de Fernándo Méndez, editado por Sotelo Blanco.
Extramunde, de Xavier Queipo, editado por Xerais.
Centauros do deserto, de Marcos Calveiro, editado por Rodeira Edebé

PREMIO ÁNXEL CASAL AO LIBRO DE POESÍA
Poesía completa de Lois Pereiro, de Lois Pereiro, editado por Xerais
Bretemada 1917-1922, de Gonzálo Abente, editado por de Alvarellos Editora
Un mundo de mulleres, de Carmen Blanco, editado por Biblos.
O mariñeiro con cabalos matutinos baixo o vestido, de Elías Knör, editado por Edicións Barbantesa.

PREMIO ANXEL CASAL AO LIBRO DE NON FICCIÓN
Conde Corbal. Obra Gráfica. De Varios, editado por Nova Galicia Edicións.
Guía das libélulas de Galicia, de Miguel Ángel F. Martínez, editado por ´Baía
Loita de clases a represión franquista no mar , de Dioniso Prieto, editado por Xerais.
A guerra civil en Galicia e en España, de Federico Cocho, editado por Xerais.
A novísima dereita, de Manuel M. Barreiro, editado por 2.0 Editora.
Como defenderes os teus dereitos lingüisticos, de Carlos Callón, editado por Xerais.
O escano baleiro. No Caurel con Uxio Novoneyra, de Xulio Valcárcel, editado por Biblos .
As mulleres na Galicia do século XX, de Jesús de Juana e outros, editado por Ir Indo.
Amigos e sodomitas, de Carlos Callón, editado por Sotelo Blanco Edicións.
Vigo a 80 revolucíóns por minuto, de Emilio Alonso Pimentel, editado por Xerais.

PREMIO LOIS TOBÍO AO LIBRO TRADUCIDO
1Q84 Libros 1, 2 ,3 treducidos por Mona Imai e Gabriel Álvarez, editado por Galaxia
Sonetos de Shakespeare, traducido por Ramón G. Izquierdo, editado por Xerais.
1984 , de George Orwel, traducido por Fernándo Moreiras, editado por Faltoría K.

PREMIO ISAAC DÍAZ PARDO AO LIBRO ILUSTRADO
Un can e un gato, ilustrado por Chené Gómez, editado por OQO Editora.
Lois Pereiro. Breve Encontro. Ilustrado por Jacobo F. Serrano, editado por editado por Xerais.
Fantasmas de luz, ilustrado por Miguel Anxo Prado, editado por Xerais.
Contos por teléfono, ilustrado por Pablo Otero, editado por Kalandraka Editora

PREMIO NEIRA VILAS AO LIBRO INFANTIL E XUVENIL
O apalpador e a castaña máxica, de Xoán G. Otero, editado por Biblos
Xa me tardan eses magos, de Mamá Cabra, editado por Galaxia.
Canto de Nadal, de Charles Dikens, editado por Kalamdraka Editora.
A caza do gazafello, de Abrhan Carreiro e Maties Segura, editado por Sotelo Blanco.
Alba, a princesa das sete coroas, de Amalia Pérez Otero, editado por Ir Indo.
Maxia, de Charo Pita, editado por OQO Editora
A chave da Atántida, de Anxo Fariña, editado por Xerais.

PREMIO XOSEFA IGLESIAS VILARELLE AO LIBRO EDUCATIVO
Xeografía de Galicia, de María Xosé Piñeira Mantiñán e Manuel Santos Solla, editado por Xerais.
Isto é Nova York, de Miroslav Sasek, editado por El Patito Editorial.
As mulleres en Galicia no século XX, de Jesús de Juana e outros, editado por Ir Indo.
Diccionario de Xerais de Primaria, de Manuel R. Alonso e Xosé Feixó, editado por Xerais.
Un cuadro de Velázquez, de Claire D'Harcourt, editado por Faktoría K

PREMIO ROSALÍA CASTRO Á INICIATIVA EDITORIAL
Colección de cociña infantil e familiar, editada por Ouvirmos
Creación do selo Pulp Books, editada por Rinoceronte Editora.
Transformación de álbums ilustrados en series de animación audiovisual " Os contos do camiño " e " Caracois", realizados por OQO Editora.

PREMIO X. MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ AO AUTOR-AUTORA
Xavier Queipo
Agustín Fdez. Paz
Antón Riveiro Coello