Novacaixagalicia reúne as súas coleccións de arte en Coordenadas

O mar, o verde, as inquedanzas e os escenarios vertebran as propostas

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Cartel da mostra Coordenadas

Cartel da mostra Coordenadas

Coordenadas é o título da que será a exposición permanente do Centro Social de Novacaixagalicia en Vigo. O proxecto, que reúne por vez primeira obra das dúas coleccións de arte das antigas caixas galegas, amosa sesenta pezas nas que se reúne o traballo de artistas novos con clásicos da creación como Lugrís, Quessada, Laxeiro ou Maruja Mallo. A exposición pretende, segundo explica Paloma Vera, responsable de artes plásticas da entidade, "bosquexar, ao longo de catro bloques temáticos, esa identidade de país, esa cultura eminentemente galega que nos define e que nos determina como pobo". O mar, Verde país, Inquedanzas e Escenarios son os catro eixes nos que se estrutura a mostra, que inclúe 25 obras de novos creadores.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Laxeiro, Maruja Mallo, Clásicos, Identidade...

Claves

Protagonistas
Lugares