A versión galega de Trazo de tiza chegará en primavera

Prado anuncia tamén a quinta edición da obra en castelán e o seu desembarco en Serbia

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Capa de Trazo de xiz

Capa de Trazo de xiz

Entre marzo e abril está previsto o lanzamento de Trazo de xiz, primeira edición da banda deseñada de Miguelanxo Prado Trazo de tiza na nosa lingua. O álbum chega da man de El Patito Editorial a coincidir coa quinta edición en castelán por Norma Editorial. Nos dous casos o libro achegará unha nova ilustración de capa e contidos extras. A coincidir con isto, Prado anuncia a edición en serbia de Manuel Montano / El Manantial de la Noche, á que lle seguirán en breve Trazo de tiza e mais Tangencias.

Que che parece esta nova?
80 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Miguelanxo Prado, Banda deseñada, El Patito Editorial

Claves

Protagonistas
Conceptos