Zeke, ata o de agora crÃtico no blog da librarÃa Banda Deseñada, debutou recentemente como autor de BD cunha serie de historias curtas neste mesmo espazo. Ao tempo, podemos ler novas colaboracións de Davida no web Novaxove, onde xa leva un cento publicadas e incrementa a súa periodicidade a semanal. Chéganos tamén a nova de que Alberto Guitián e José Domingo colaborarán no segundo número da revista de humor Caramba!, que reúne nada menos de 47 colaboradores a nivel estatal.
David Braña, pola súa banda, participa co guión de dúas historias na iniciativa Comic21 en apoio das persoas con sÃndrome de Down. O autor adianta tamén que está en proceso de debuxo a segunda entrega da súa novela gráfica DOS, que se ambienta en Vigo. Mentres, Alex Cal amosa no seu blog os cambios de estilo que aplicou para o último número da serie G.I. Joe, que sae á venda, como estaba anunciado, este mesmo mes en Estados Unidos.
Para rematar, o autor asturiano Alfonso Zapico acaba de publicar na rede o traballo que desenvolveu nas 24 horas de Angoulême, unha delirante historia que ten como un dos protagonistas o debuxante galego MartÃn Romero e que recolle abondosas referencias ao noso paÃs. Zapico xa empregara a Romero coma personaxe noutras historias breves.