Guitián fai a portada de El Jueves e prepara o álbum de Petaco

Ten previsto un compilatorio de Temas de hoxe para a revista Retranca

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Guitián fai a portada de El Jueves e prepara o álbum de Petaco

Alberto Guitián está de actualidade por partida doble e en clave de humor. O ilustrador lugués leva uns meses colaborando con El Jueves onde debuxou a portada do último número, que trata sobre o ataque de Israel aos barcos de axuda humanitaria destinada a Gaza. A posibilidade xurdiu a partir dunha solicitude da redacción do semanario satírico. Ademais, o autor prepara para a madrileña Diábolo Ediciones o álbum "Petaco", que terá 64 páxinas a cor e combinará tanto as historias breves xa publicadas na revista "Mister K" como material inédito creado para a ocasión. Probablemente o seguinte proxecto editorial de Guitián será de humor gráfico, en concreto un compilatorio de Temas de hoxe, a serie que fai man a man con Leandro para a publicación cómica Retranca. O debuxante tamén ten intención de se embarcar nunha banda deseñada de grande extensión.

Que che parece esta nova?
166 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Para saber máis

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Retranca, Humor, Alberto Guitián, Banda deseñada

Claves

Protagonistas