Esta fin de semana o centro Ágora abría ao público as súas portas. Curiosamente o mesmo día no que o seu director, José Luís Rodríguez, presentaba a súa demisión. Alegou conciliación de vida familiar e laboral, e o concello trasladou as súas competencias ao responsable do Fórum Metropolitano. Con todo, non descarta nomear un novo director ou formar un equipo multidisciplinar para encargarse da programación do centro. Revisamos neste dosier, a traxectoria errática deste centro que, antes de abrirse ao público xa tivo dous directores, Manuel Olveira e José Luís Rodríguez.