Ribadeo promove Sonda Norte para promover a colaboración cultural entre a mocidade

A proposta pretende estenderse a outros concellos da Mariña de Lugo

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

É unha web, un festival de artes e ideas na rúa, un ciclo de noites temáticas con creadores locais, un programa de formación artística… e moitas cousas máis. O vindeiro 4 de febreiro presentarase en Ribadeo a programación para este ano de "Sonda norte”. Consiste nunha plataforma aberta que promove a concellaría de Mocidade e Sociedade da Información de Ribadeo que pretende tecer redes entre a xente nova do concello interesadas na creación cultural. “Pode participar calquera persoa, aínda que estea orientada a mocidade, pero estamos abertos a todo os que queiran colaborar” explica o concelleiro Xavier Campos que puntualiza “pode ser creador ou non, o fío de unión é o interese e o ámbito local, a cidadanía e a cultura”.

A proposta responde a unha planificación dun proxecto que se estenderá ata o ano 2015. Tampouco quedará circunscrito unicamente ao ámbito de Ribadeo, xa que o propio Xavier Campos pretende que sexa supramunicipal, “abranguerá a todos os concellos da Mariña Lucense”.

O proxecto conta a día de hoxe con 50 persoas apuntadas e pretende facer un traballo colectivo. “Temos unha asemblea e logo hai unha coordinadora de 8 persoas que axuda a definir as liñas de traballo que van ser produción de contidos (libros, discos, curtas….), formación (obradoiros e demais cursos…)” explica Xavier Campos. Alén do aspecto formativo e da produción de contidos, Sonda Norte pretende converterse nunha especie de marca que sirva para difundir os proxectos.

Que che parece esta nova?
22 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ribadeo, Lugo

Claves

Lugares