A creatividade chega a Ribadeo da man das curtametraxes

Ribadeo acolle ata o 4 de agosto a cuarta edición do Festival On&Off

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Cun divertido vídeo promocional, a produtora Mr Misto e o concello de Ribadeo convidan a achegarse ata a localidade lucense para asistir á cuarta edición do festival de curtametraxes. Un evento que ten o tradicional concurso de curtas que repartirá case 4.000 euros e a aposta pola creatividade a través do concurso “A toda mecha”, que pretende pretende pór a disposición dos novos creadores todos os elementos necesarios para a gravación e produción de curtas nun tempo máximo de 75 horas. O festival que comezou onte, conta con preto de trinta traballos na sección oficial.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ribadeo

Claves

Lugares