Ilustradores internacionais visitarán Compostela en febreiro

O congreso Ilustrando a diversidade desenvolverase entre os días 20 e 23

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A importancia da ilustración na cultura galega, os novos discuros estéticos deste xénero a nivel internacional, experiencias no traballo para os máis pequenos ou as posibilidades da novela gráfica para a integración son algúns dos temas que se tratará no congreso Ilustrando a diversidade. O encontro, organizado polo Campus Culturae da USC, reunirán en Compostela algunhas das figuras máis destacadas deste campo e permitirá aos asistentes participar en diferentes obradoiros.

De xeito paralelo ao encontro, o Pazo de Fonseca acollerá a exposición Ilustramundos, onde se poderán ver traballos de Mónica Weiss (Arxentina), Carme Solé (Cataluña), Antonio Seijas (Galicia), Machiel Braaksma (Países Baixos), Joanna Domanska (Polonia), Mark Taeger (Suiza) ou Piet Grobler (Sudáfrica) entre outros.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xénero, USC, Antonio Seijas, Arxentina...