O Premio Xerais de Novela baixa a súa dotación

A editora convocou tamén o Merlín de literatura infantil

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Edicións Xerais de Galicia publicaba onte as bases da 29 edición do Premio Xerais de Novela, considerado un dos máis prestixiosos do país no seu campo. Como novidade, o galardón convócase nesta xeira cun importante descenso na súa dotación económica, que pasa dos 25.000 euros das últimas edicións a 15.000 na actual. A editora convocou de xeito paralelo o Premio Merlín de Literatura Infantil, que continúa dotado con 10.000 euros. O prazo de entrega remata o vindeiro 10 de abril e os galardóns daranse a coñecer o vindeiro 9 de xuño.

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Premio Xerais de Novela, Literatura, Edicións Xerais