Despois de sorprender coa súa segunda longametraxe, Buried, Rodrigo Cortés (Ourense, 1973) é o gran reclamo desta edición do festival independente Sundance. Alí presentará Red lights, un título no que conta con Sigourney Weaver, Cillian Murphy, Elizabeth Olsen e Robert de Niro, para contar unha historia de fraudes paranormais. Ofrecerá seis pases do título para o que xa están esgotadas.
