Rodrigo Cortés dirixirá a Robert de Niro e a Sigourney Weaver

O filme comezará a rodarse en febreiro en Barcelona e chamarase Red light

15/10/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O seu Soterrador encandilou a crítica e público no Sundance, non para de colleitar premios (o último, o Méliès d´or ao mellor filme fantástico do ano en Sitges), pero a gran revelación deste 2010, o ourensá Rodrigo Cortés, xa está a preparar o seu seguinte traballo. Chamarase Red light e contará con Sigourney Weaver, que encarga a unha piscóloga cuxos estudos a levan a investigar a un coñecido parasicólogo, protagonizado por Robert de Niro. Ademais de director, Cortés estrearase como guionista. O filme comezará a rodarse en febreiro en Barcelona (sete semanas) desde onde se trasladarán a Canadá.

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Para saber máis

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rodrigo Cortés, Barcelona, Canadá

Claves

Protagonistas