Saen á venda Engurras e La casa de los susurros

Tres autores galegos participan na antoloxía Z-Time

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Capa de Engurras

Capa de Engurras

Chegan ás tendas dúas novidades de BD longamente anunciadas. El Patito Editorial acaba de pór á venda Engurras, versión en galego da obra coa que Paco Roca levou o Premio Nacional de Cómic en 2008 e que acaba de ver unha versión animada. A obra, a cor e con capa dura, ten 114 páxinas e sae á venda por 15 euros. Ao tempo, Dolmen Editorial publica en febreiro en castelán o volume integral de La casa de los susurros, con debuxo de Tirso Cons, cor de Javi Montes e guión de David Muñoz. Cun tamaño algo máis pequeno dun álbum, a obra conta con 184 páxinas e sae á venda por 24 euros.

Ao tempo, sabemos que na antoloxía Z-Time, que fora publicada na rede, será editada en papel pola editora inglesa Markosia. No volume participa os guionistas galegos David Braña e Anna Raven, canda ao debuxante José A. Ares "Pater".

Que che parece esta nova?
104 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Debuxo, Cómic, Guión, El Patito Editorial...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares