El Patito publicará Enrugas en galego

O Persépole de Rinoceronte chegará ás tendas en dúas semanas

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Capa do Enrugas de El Patito

Capa do Enrugas de El Patito

Enrugas, a obra que lle valeu a Paco Roca o Premio Nacional de Cómic e que acaba de ver a súa versión animada, terá edición en galego. El Patito Editorial adianta no seu blog o vindeiro lanzamento desta obra. Canda a isto, a firma presenta o vindeiro 23 de setembro na libraría un calendario de Golfiño para 2012. Pola súa banda, Rinoceronte Editora ten finalmente en imprenta a versión galega de Persépole, de Marjane Satrapi, que chegará en galego ás tendas dentro de dúas semanas a un prezo de 24 euros. A obra, traducida por Eva Carrión, anunciárase en outubro do pasado ano, e abre a liña de BD nesta editora que continuará Entender o cómic de Scott Mc Cloud, que se agarda vexa a luz tamén neste mesmo outono.

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cómic, Golfiño, Rinoceronte Editora, El Patito Editorial