Quiosco: Galicia 21 C

A revista internacional de estudos galegos publica a súa entrega de 2011

| Santiago. Redacción | Seccións: Quiosco
Compartir:
Capa de Galicia 21 3

Capa de Galicia 21 3

Xa está dispoñible íntegra na rede o volume C de Galicia 21, a revista de estudos galegos contemporáneos. O proxecto achega desta volta análises, en galego e inglés, tan curiosos como un artigo sobre a promiscuidade sexual, lingüística e rexional da novela galega do século XIX, a escenificación de Galicia e da diáspora ou a subordinación de xénero na obra Cochos de Vidal Bolaño. Pola súa banda, Joseba Gabilondo aborda a representación dunha masculinidade castrada na obra de Manuel Rivas e doutros autores de literaturas minoritarias no Estado. A publicación está integramente dispoñible na rede.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Follas Novas 3

Quiosco: Follas Novas 3

A Revista de Estudos Rosalianos achega novas análises sobre a obra da autora e o seu contexto histórico

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Rivas, Diáspora, Xénero

Claves

Protagonistas
Conceptos