Triángulo de Amor Bizarro levará a súa música a esta edición de ARCO

Trátase dun encontro organizado de xeito paralelo á feira de arte contemporánea

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

“Alternativos, arriscados e vangardistas”. Así definían desde ARCO o estilo musical do Enyoy After Arco, un festival paralelo que organizan, en colaboración coa sala Joy Eslava de Madrid, para os días nos que se celebra a feira de galerías. A conexión galega chega porque Triángulo de Amoz Bizarro fai parte da representación española deste encontro que se desenvolve nas noites dos días 16 e 17 de febreiro. Tendo en conta que Holanda é o país convidado desta edición da feira de arte contemporánea, a música deste país estará presente da man de Machinefabriek. En total, oito formacións poñeranlle sons de vangarda a este certame que busca converter a capital do Estado nunha cita de referencia coa creación máis actual.

Que che parece esta nova?
19 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con ARCO, Feira, Triángulo de Amor Bizarro, Holanda...

Claves

Entidades
Lugares