A animación galega segue a ser un referente no audiovisual. A XXVI edición dos Goya ten entre os seus finalistas tres tÃtulos galegos deste xénero: un na categorÃa de curtametraxe, Birdboy (que tamén foi preseleccionado para os Óscars) e dous tÃtulos na de longametraxe deste xénero (Engurras e O mago dubidoso). Canda o resto das producións, destaca outro nome galego, o de LuÃs Tosar, que opta a conseguir a súa cuarta estatuÃña con Mentras durmes, producida pola empresa do galego Julio Fernández, Filmax. Os grandes favoritos desta edición son a última produción de Pedro Almodóvar, rodada en Galicia, La piel que habito con 16 candidaturas; No habrá paz para los malvados con 14; a coprodución catalá Eva con 12 e Blackthorn (sin destino) con 11. La voz dormida de Benito Zambrano opta a 9 premios.
A gala dos Goya celebrarase o vindeiro 19 de febreiro, será presentada pola humorista Eva Hache. Os premios máis destacados do audiovisual estatal teñen unha cita anterior, a do 28 de xaneiro, onde se entregará o Goya de Honor á cineasta Josefa Molina, no marco da habitual recepción que terá lugar na Real Casa de Correos, sede da Comunidade de Madrid.