Chamábaselle Illa do Cobo ata 1999. Foi naquel ano cando Antón Castro ideou un proxecto no que participaron doce artistas de ámbito internacional. Transformouse na Illa das Esculturas, co obxectivo de unir a arte coa natureza; servir de delimitación natural a unha cidade que viviu de costas ó rÃo e honrar a identidade de Galicia empegando o granito nos traballos. A obra esmoreceu co paso do tempo e as accións vandálicas ata que en 2009 se aprobou unha partida para recuperar a iniciativa. Tras millón e medio de euros e case dous anos de obras, areforma está concluÃda. Segundo publica hoxe o Diario de Pontevedra só está pendente de inauguración. A obra inclúe desde renovación de as pontes, instalación de mobiliario urbano, a construción de novos camiños, mellora dos acceso e un parque infantil.