A Real Banda de Gaitas celebra 25 anos cun CD e DVD

Éxitos no mundo mestura temas galegos e de diferentes culturas

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Capa de Éxitos no mundo

Capa de Éxitos no mundo

A celebrar 25 anos da súa existencia, a Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense acaba de publicar Éxitos no mundo, un CD e DVD no que recolle unha selección de 30 temas. No mesmo pódense escoitar versións de melodías populares dos países que a formación visitou ao longo deste tempo, con cancións chinesas como Mo Li Hua, a exipcia Abd Al WahhÂ, Cantares de España, God Bless America ou a tonada australiana Waltzing Mathilda entre moitas outras. Canda a isto, a obra recolle melodías galegas e no DVD poden verse diferentes actuacións da formación desde os seus comezos. A obra está editada por Inquedanzas Sonoras e sae á venda por 16.95 euros.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con DVD, Deputación de Ourense

Claves

Conceptos
Lugares