Educación asume a tese do Valedor do Pobo sobre o libro de texto

A editorial Vicens Vives xa modificou a redacción do parágrafo no libro do vindeiro curso

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

O conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, explicou onte no Parlamento que se dirixiu á editorial Vicens Vives “co fin de coñecer a súa versión e de procurar a adaptación do libro para seguir a recomendación do Valedor", a requerimento dunha pregunta feita polo deputado nacionalista Bieito Lobeira. Segundo o conselleiro, a editorial informou de que "a reedición para o vindeiro curso incorpora xa os cambios; e a editorial comprometeuse ademais a enviar aos seus clientes unha separata coas modificacións pertinentes". Vázquez amosou unha proba "da páxina 57" da reedición do libro, rectificada, ao que Bieito Lobeira ensinou a páxina do actual libro criticada polo valedor e a páxina anterior do mesmo volume, onde se afirma que a Constitución establece o castelán como lengua oficial no conxunto do Estado canda as outras linguas oficiais nas respectivas autonomías.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, Valedor do Pobo, Xesús Vázquez

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos