BD Banda anuncia a edición en galego de El arte de volar

O colectivo sinala o abandono do seu proxecto de revista

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Capa de El arte de volar

Capa de El arte de volar

El arte de volar, a obra coa que Kim e Antonio Altarriba levaron o Premio Nacional de Cómic en 2011, terá versión en galego. A Asociación BD Banda anunciou hoxe no seu web que está xa a traballar na tradución e na publicación desta obra, que verá a luz a comezos do vindeiro ano. Canda a isto, o colectivo apunta que abandona a edición da revista homónima, logo de catro números. A última entrega da revista BD Banda saíra publicada en abril de 2010, a coincidir co Saló del Còmic de Barcelona.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con BD Banda, Tradución, Cómic, Saló del Còmic de Barcelona