O álbum As serpes cegas faise co Premio Nacional de Cómic

A obra foi editada polo colectivo galego BD Banda

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Capa de As Serpes Cegas

Capa de As Serpes Cegas

O Premio Nacional de Cómic, que outorga cada ano o Ministerio de Cultura foi nesta edición para o álbum As serpes cegas, do mallorquín Tomeu Seguí e do madrileño Felipe Hernández Cava, segundo adianta o crítico Álvaro Pons no blog La Cárcel de Papel. A obra foi editada polo colectivo galego BD Banda na nosa lingua e en castelán no pasado 2008, sendo a primeira coedición galego-francesa neste campo. O álbum xa fora recoñecido co Premio da Crítica, o Premio Diario de Avisos ao Mellor Guión e o premio do Saló del Còmic de Barcelona á Mellor Obra e ao Mellor Guión entre outros recoñecementos. Os autores da obra recibirán un total de 20.000 euros.

Que che parece esta nova?
82 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cómic, BD Banda, Guión, Álvaro Pons...