Skacha anuncia un parón indefinido

A banda de punk-rock levaba vinte anos de actividade no país

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Logo de vinte anos de traballo no punk-rock galego, o grupo Skacha disólvese. O seu web recollía o pasado día 17 o anuncio da banda dun "parón indefinido" que os membros achacan "ás circunstancias da vida". Malia a que non desbotan a posibilidade de se reunir de xeito puntual o grupo como tal non continuará a súa actividade, logo "dunha decisión moi meditada e nada doada". Os compoñentes de Skacha animan os seus seguidores a continuar apoiando outros proxectos nos que participan.

O grupo gravara o pasado mes de novembro un concerto en Vigo con vistas a editar un DVD, e está aínda a barallar o xeito no que publicar este material e mais o dun concerto anterior, Ceibe violento e furtivo, en Compostela. Os membros de Skacha sinalan que están a pensar na posibilidade de subir directamente á rede este material.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Berrogüetto sepárase

Berrogüetto sepárase

O coñecido grupo folk despedirase cunha xira polas principais vilas e cidades do país

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rock, DVD, Vigo, Santiago de Compostela

Claves

Conceptos