Mini e Mero levan o premio Osíxeno de Honra de ADEGA

O colectivo ecoloxista entrega o vindeiro sábado en Arzúa os seus galardóns anuais

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:

"A súa contribución decisiva e xenerosa á recuperación e mantemento do patrimonio cultural do país, e a súa traxectoria de docencia e divulgación das ciencias sociais e naturais en galego" valeulle a Mini e Mero, recoñecidos músicos e activistas culturais o premio Osíxeno de Honra. A Asociación para Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) entrega este sábado os seus galardóns anuais nunha cea que se desenvolverá no resturante Casa Teodora de Arzúa.

Canda a Mini e Mero resultaron premiados cos premios Osíxeno pola mellor actuación ambiental do ano Xosé Alfredo Pereira, presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes en Man Común na categoría individual e a Plataforma pola Defensa da Serra do Galiñeiro como colectivo. Os premios Dioxina, que denuncian a actitude ou actuación máis agresiva e insustentábel foron para Alfonso Puente, alcalde de Barreiros e mais para a Consellaría do Medio Rural.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con ADEGA, Arzúa, Xosé Alfredo Pereira, Medio Rural...

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares