Revisitar unha icona

Creadores galegos reinterpretan a botella de Coca-Cola para celebrar o aniversario do seu envasado no país

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Gaita-Cola, de José Manuel Seivane

Gaita-Cola, de José Manuel Seivane

Hai xa 50 anos comezaba o embotellado de Coca-Cola na fábrica de Bebidas Gaseosas do Noroeste, na Coruña. Para commemorar este aniversario, a firma organizou o proxecto EmbotellArte, unha exposición itinerante na que diferentes creadores e estudos de deseño reinterpretaron unha icona internacional como é a característica botella deste refresco. Encaixe de Camariña, cerámicas de Buño e Sargadelos, vimbio ou granito fan parte dalgunhas das 25 propostas que se puideron ver na mostra, onde se atopa auténticas mesturas entre algúns do elementos máis típicos da nosa cultura con este elemento.

Coca-cola. Francisco Escudero Carril.
1/6
Botellas de Coca-Cola. Cerámica de Gundivós
2/6
Botella de Coca-Cola. Cerámica de Sargadelos
3/6
Encaixe e Coca-Cola. Encaixe de Camariñas
4/6
Botella de Coca-Cola. Eduardo Camilo Antonio López Cal.
5/6
Galería: EmbotellArte
6/6

Logo de percorrer ao longo deste anos seis das cidade do país, os que perderon a mostra teñen unha nova oportunidade na Casa do Turista de Pontevedra, onde para ata o vindeiro 5 de xaneiro. Se non se quere un desprazar, existe a opción de ollar todas as obras no web do proxecto.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Do vidro á galería

Do vidro á galería

O Museo do Pobo acolle a mostra Reflexarte, centrada no traballo con cristal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vimbio, Sargadelos, A Coruña, Pontevedra

Claves

Entidades