Isaac Fernández faise co premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón

O xurado seleccionou Con Gume de folla húmida entre 35 obras

12/12/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Con Gume de folla húmida foi a obra gañadora na XXIV Edición do Premio Eusebio Lorenzo Baleirón de Poesía. Isaac Fernández, coñecido como Isaac Xubín, é o autor desta obra, que o xurado seleccionou o pasado sábado entre as 35 que concorreron ao certame. Os responsables da selección salientaron a grande cantidade e a calidade xeral de todos os participantes. O gañador levou 2.800 euros e a obra será publicada pola editorial Sotelo Blanco.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Isaac Xubín, Isaac Xubín, Sotelo Blanco

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos