O Instituto Cervantes de Nova York achégase á figura de Torrente Ballester

O escritor foi profesor convidado na Universidade de Albany

7/12/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Autorretrato de Gonzalo Torrente Ballester. Imaxe presente na mostra

Entre 1966 e 1973 Gonzalo Torrente Ballester (1910-1999) realizou numerosas visitas a Estados Unidos. Daquela era profesor convidado da Universidade do Estado de Nova York, en Albany. Alí deu clases, mantivo tertulias, escribiu varias das súas novelas e mesmo naceron as súas fillas. Agora, o Instituto Cervantes de Nova York aproveita esta relación para achegarse a súa figura. Ata o 13 de decembro a súa sede acolle a exposición Os mundos de GTB que recolle obxectos persoais, primeiras edicións, manuscritos e fotografías.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Nova York, Instituto Cervantes, Cervantes, Gonzalo Torrente Ballester...