Cineuropa en trailers: martes 29

O Oso de Prata de Berlín, O cabalo de Torino chega hoxe á programación

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Fotograma de La Guerre est declaree de Valerie Donizelli

Fotograma de La Guerre est declaree de Valerie Donizelli

Bela Tarr impresionou en Berlín coa súa novidosa Turin Horse, na que narra a historia de casualidades, nas que un filósofo Friedrich Nietzsche abrázase a un cabalo exhausto en plena vía pública cando sente que a súa vida está chegando aos derradeiros días e confunde o real co imaxinario. Anos máis tarde, nalgún lugar no campo, un granxeiro e a mais a súa filla enfróntanse ás inclemencias do tempo e subsisten humildemente co vello cabalo como única posesión.. Canda este filme, hoxe chega tamén a esta recta final La Guerra est Déclarée, na que conta unha grande historia de amor cunha grave enfermidade polo medio. Na recta final, The Artist encabeza as votacións da sección oficial cun 8.46, seguido de As neves do Kilimanjaro de Robert Guediguian cun 8.2. A nota máis alta desta edición é para a franco-lebanesa Et maintenant on va ou? cun 8.67.

TEATRO PRINCIPAL
16:00 EL ESTUDIANTE
Santiago Mitre

18:15 LA REINE DES POMMES
Valérie Donzelli

20:00 LA GUERRE EST DÉCLARÉE
Valérie Donzelli

21:45 A TORINÓI LÓ (THE TURIN HORSE) (O CABALO DE TORINO)
Béla Tarr

00:15 HORS SATAN
Bruno Dumont

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Berlín, Cineuropa, Guerra, Teatro

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares