Os problemas ambientais centran a Semana de Cine Submarino de Vigo

A retirada de apoio da Xunta deixa o evento sen producións galegas

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Imaxe do cartel da XXI Semana de Cine Submarino

Imaxe do cartel da XXI Semana de Cine Submarino

Os problemas económicos tamén chegan ao fondo do mar. A Semana de Cine Submarino de Vigo arrinca mañá cun programa que inclúe a proxección de catro filmes internacionais, entre eles Océanos, considerado o documental máis caro da historia. No entanto, non haberá desta volta no evento ningunha produción galega. A retirada de apoio económico da Xunta de Galicia impediulle aos organizadores do evento, o Club Subacuático Bahía de Vigo e mais a Universidade de Vigo, colaborar na realización de producións do noso país como viña sendo habitual e as incluír na programación.

En xeral, a programación deste ano está centrada nos problemas ambientais dos Océanos, nomeadamente na contaminación e mais na sobrepesca. Canda ao título xa mentado, poderán verse os documentais Pacífico Sur, Planeta Humano, e El final de la línea. Ademais, o evento contará coa presenza de Pablo Durán, do Instituo Español de Oceanografía, Pablo Carrera, ata agora director do Museo do Mar, e Emilio Fernández, director do Campus do Mar.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Documental, Universidade de Vigo, Xunta de Galicia...