Vigo acolle a X Semana Internacional de Cinema Submarino

Baixo do mar

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:

Despois de catro anos sen celebrarse, retorna a Semana Internacional de Cinema Submarino de Vigo. O Club Subacuático Bahía de Vigo, co apoio da Xunta, o Concello, Caixanova e a Universidade organiza este evento, que achegará á cidade os máis espectaculares fondos mariños de todo o mundo.

Ciencia e beleza

As películas que se presentan no festival aúnan na súa maioría dous elementos: á beleza dos fondos submarinos únese o interese científico dos filmes á hora de coñecer a fauna e a flora ou os restos arqueolóxicos do fondo do mar. Son maioriatariamente documentais ou simples mostras de paisaxes mergullados.

Filmes

A presente edición da Semana de Cinema Submarino acolle nove películas de diferentes nacionalidades, todas elas dobradas ó castelán ou ó galego. As xornadas ábrense hoxe con "Tesouros da profundidade", documental que analiza os métodos de busca de xacementos afundidos, e con "O ouro dos abismos", de semellante temática. Mañá proxectaranse dous documentais sobre os fondos mariños de Canarias ("Mar de lava" e "Lanzarote, lume e auga"), outro sobre a fauna marítima de todo o mundo ("Auga e xeo") e un cuarto que analizará as modalidades de pesca submarina ("Vivir a fondo")


Peche e convidados

O mércores, último día do festival, proxectaranse as películas "Secretos do océano: Supervivencia no mar", sobre as loitas pola supervivencia entre os animais do mar; "Reino Ártico", que tratará a fauna deste océano, e Os tesouro da Ría de Vigo, que amosa a fauna e flora da zona. Ademais das películas, o festival conta coa presencia de numerosos realizadores deste tipo de películas, como Robert Sténuit, Antonio Figueras e José Irisarri e Manuel Uhía.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Caixanova, Ouro, Documentais...