Norma Editorial anuncia Ardalén de Miguelanxo Prado

A obra fai parte do catálogo 2012 da firma

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Páxina de Ardalén, de Miguelanxo Prado

Páxina de Ardalén, de Miguelanxo Prado

Finalmente serán 160 páxinas a toda cor o que ocupará Ardalén o novo proxecto de Miguelanxo Prado no campo da banda deseñada. Norma Editorial publicou no seu catálogo de 2012 a primeira referencia e mais a capa da obra, que sairá en capa dura sen data concreta. A editora adianta tamén unha sinopse da historia, ambientada na Galicia tradicional. Segundo sinala o texto, "Sabela tomou unha decisión persoal: Quere saber a verdade do seu propio pasado. Non obstante, para logralo debe recorrer á memoria de Fidel, unha memoria que xa non é o que era e que ademais agacha canto non ten vontade de lembrar".

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Miguelanxo Prado, Sabela, Banda deseñada

Claves

Protagonistas
Conceptos