Cineuropa en trailers: martes 22

Última oportunidade para ver A muller do eternauta, a produción galega sobre a ditatura arxentina

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Fotograma de O conspirador, ultimo filme dirixido por Robert Redford

Fotograma de O conspirador, ultimo filme dirixido por Robert Redford

O festival de cine atravesa o seu ecuador cunha nova sesión de proxeccións na que destaca o último filme dirixido por Roberd Reford, O conspirador,no que fai un achegamento á personaxe e aos feitos que acabaron coa vida do presidente dos Estados Unidos, Abraham Lincoln. Canda este título, hoxe é a última oportunidade para ver A muller do eternauta, longametraxe documental de produción galega con guión de Diego Ameixeiras e coa participación de Manuel Rivas, que recolle a vida de Elsa Sánchez. Elsa Sánchez, de ascendencia galega, é a viúva de Héctor Germán Oesterheld -guionista de cómic arxentino, autor de O Eternauta- . A súa traxectoria persoal serve para personalizar a barbarie da ditadura militar arxentina que ela sufriu en carne propia ao perder as catro fillas e mais o seu marido.

TEATRO PRINCIPAL
18:30 LA MUJER DEL ETERNAUTA
Adán Aliaga

20:15 LE HAVRE (O HAVRE)
Aki Kaurismäki

22:00 THE CONSPIRATOR (O CONSPIRADOR)
Robert Redford

CGAC
19:45 SCHLÄFER (O ESPÍA DORMENTE)
Benjamin Heisenberg

21:30 YATASTO
Hermes Paralluelo

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Arxentina, Cineuropa, Diego Ameixeiras...