Comezan as Xornadas sobre Igualdade do Consello da Cultura

Os participantes no encontro analizarán os distintos campos de aplicación deste concepto

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Igualdade, sustentabilidade e cidadanía ecolóxica. As dinámicas de inclusión nos proxectos de orzamentos participativos. Como garantir a existencia material a toda a poboación. Estas son algunhas das cuestións que se debate hoxe e mañá na sede do Consello da Cultura Galega en Compostela dentro das Xornadas sobre Igualdade. O encontro, organizado pola Sección de Pensamento e Sociedade da institución, conta coa presenza de investigadores como Ramón Máiz, Marta Nunes da Costa, Ignacio Sotelo ou Giacomo Marramao entre outros.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Igualdade, Ramón Máiz, Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela

Claves

Protagonistas
Conceptos