Ollar paras as zocas

Os publicistas e deseñadores galegos danse a coñecer actuando sobre este calzado tradicional

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Wooden Zocas. Canal Uno.

Wooden Zocas. Canal Uno.

Unha exposición de zocas. A proposta soa estraña, pero é o que fai a iniciativa Zocas Novas, que xa se puido ver en Madrid e Barcelona e que comezaba esta semana a súa itinerancia galega por Vigo. Na mostra poden verse 50 pares deste tipo de calzado no que interviron publicistas e deseñadores do noso país para dar conta da súa capacidade creativa. Deste xeito, atopamos zocas-pantuflas, zocas-patíns ou mesmo zocas Ikea.

Zocas-vacas. Axencia 100x100.
1/6
Zocas paisaxe. Hayat Hussein.
2/6
Big fish. JJ.
3/6
Zocatíns. Idea creatividade.
4/6
Zocas pantufla. Zumo Estudio / David de la Iglesia
5/6
Galería: Zocas novas
6/6

A sede do Colexio de Arquitectos da Cidade Olívica acolle a exposición, que continuará por Pontevedra, na Casa das Campás do 24 ao 30 de noviembre, Ourense (auditorio do Pazo de Congresos do 12 ao 15 de decembro e na Coruña do 22 de decembro ao 4 de xaneiro.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Barcelona, Madrid, Vigo, Colexio de Arquitectos...