Dous concertos lembran a Manuel Quiroga no Consello da Cultura

Conmemoran o 50 cabodano do violinista os días 8 e 9 de novembro

7/11/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

A Sección de Música e Artes Escénicas do Consello da Cultura Galega organiza dous concertos en homenaxe ao violinista pontevedrés Manuel Quiroga. A coincidir co cincuenta cabodano da morte do músico, a sede da institución en Compostela acolle dous concertos. O primeiro deles, o 8 de novembro, amosará na "pegada de París" no músico e no mesmo poderán escoitarse pezas de Quiroga, Pablo de Sarasate e Fritz Kreisler. O día 9 o recital centrarase nas composicións propia deste autor e mais nas que se teñen realizado na súa figura. Os concertos comezarán as 19 horas.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

29/05/2013

Non só música de propina

O catálogo da obra de Manuel Quiroga revela as capacidades creativas do célebre intérprete de violín

08/11/2011

Afinando o arco

Dous concertos recuperan a figura de Quiroga cando se cumpren 50 anos do seu pasamento

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Quiroga, Morte, Artes Escénicas, Consello da Cultura Galega...