Medio cento de novos anacos de tradición

A Asociación de Escritores en Lingua Galega publica máis de 50 videos da Polafía de Xirarga (Beariz)

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Medio cento de novos anacos de tradición

O traballo da Sección de Literatura de Tradición Oral da Asociación de Escritores en Lingua Galega retomou este outono as súas Polafías. O un de outubro celebrábase un destes encontros, centrados na colleita de historias, cantigas, contos e lendas no local social de Doade, en Xirarga, Beariz. O web da AELG acaba de publicar o resultado daquel traballo. Máis de medio cento de vídeos nos que podemos atopar desde os contos de Celso Fernández Sanmartín ata as historias dos veciños, como a da muller que anda ao revés ou os empregos do corno de alicornio, así como cantigas e sucedidos locais.

Antonio Reigosa, responsable da Sección de Literatura Oral, anuncia que en breve se publicarán novos vídeos rexistrados na Polafía realizada no Pazo de Tor, en Monforte, e está prevista outra no barrio coruñés de Monte Alto. Asimesmo, tamén se publicarán gravacións de Ángel Rivas Veiga en Orxas, Pastoriza e de Josefa Arias en Santaballa, Vilalba, dentro da sección Mestres da Memoria.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Da memoria á rede

Da memoria á rede

As polafías da Asociación de Escritores superan os 300 videos de tradición oral en Internet

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escritores, Lingua galega, Contos, Literatura...