Ouvirmos lanza unha colección de libros de cociña para nenos

Os dous primeiros volumes están dedicados a bocadillos e sobremesas

| Santiago. Redacción | Seccións: Gastronomía
Compartir:
Capa de Sobremesas

Capa de Sobremesas

Cociña infantil e familiar é o título da nova colección que acaba de lanzar Ouvirmos. O proxecto pretende favorecer o achegamento dos máis novos á arte culinaria e arrinca cun título dedicado a bocadillos e sandwiches e outros centrado nas sobremesas. Desde a editora, ata o de agora centrada na temática musical, adiantan que o proxecto continuará con oito novos títulos que abordarán os temas pasta e pizza, festas, arroz, peixes, chocolate e xeados, carnes, internacional e zumes e combinados. Cada un dos volume inclúe 20 receitas, elaboradas polos cociñeiros Miguel A. Caruncho, David Cidre, Santiago Martínez e Xenxo Pereiro, da Escola de Hostelaría de Sober, e fotografadas por Tono Arias.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sober

Claves

Lugares