Viqueira centra as II Xornadas de Pensamento de Bergondo

Seis conferencias analizan diferentes aspectos deste pensador

3/11/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: sociedade
28 lecturas | Compartido 0 veces

Deste hoxe e ata o vindeiro 15 de decembro, o centro cultural da Senra, en Bergondo, acolle unha serie de conferencias centradas na figura e na obra de Xoán Vicente Viqueira e o seu tempo. As II Xornadas de Pensamento Galego de Bergondo contarán coa presenza de investigadores como Antón Costa Rico, Xosé Manuel Beiras, Lola Ferreiro ou António Gil, que tratarán cuestións como a filosofía de Viqueira, a súa relación co nacionalismo e o reintegracionismo ou os dereitos da muller na II República.


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xoán Vicente Viqueira, Manuel Beiras, Xosé Manuel Beiras, Filosofía...