A vida e obra de Johan Vicente Viqueira abre este xoves en Bergondo as primeiras Xornadas de Pensamento. Uns encontros nos que, alén de recuperar a figura do que foi presidente das Irmandades da Fala e filósofo, psicólogo e pedagogo con abondosa obra editada nestas materias, tamén se centrará nos problemas e solucións da crise ecolóxica ou a cultura popular galega. Marcial Gondar, Xosé Luis Barreiro ou MarÃa Xosé Agra Romero son algúns dos participantes nestas xornadas que se desenvolverán todos os xoves (agás o de semana santa) ata o vindeiro 20 de maio.
Programa das I Xornadas de Pensamento.