Maxia e teatro acompañan esta noite á pasarela pontevedresa Pontus Veteris

A cita retransmitirase a través das dúas canles da CRTVG

| Santiago. Redacción | Seccións: Moda
Compartir:
Maxia e teatro acompañan esta noite á pasarela pontevedresa Pontus Veteris

Mon Santiso será o encargado de presentar esta noite a vixésimo oitava edición da pasarela Pontevedra Pontus Veteris (Recinto Feiral de Pontevedra, 21:30 horas), unha das citas da referencia coa moda galega. Olga Santoni presentará os estilos "mariñeiro íntimo" e "meus lunares"; Miguel de Luna fará gala das influencias dos anos setenta e corte balé para a festa; as dúas deseñadores unidas en Boüret Atelier presentarán unha colección de homenaxe á vida e viaxes de Lola Montes, e Florentino ofrecerá a súa proposta. Este ano a pasarela estará influída polo mundo teatral na súa posta en escena e contará coa maxia de Pedro Volta. Ademais, fiel ao seu estilo habitual, o desfile contará cun reclmao mediático uque este ano é a modelo andaluza Jessica Bueno. O acontecemento será transmitido polas dúas cadeas da CRTVG, na TVG (00:00 horas) e na TVG2 (a partir das 22:45 horas).

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con CRTVG, Pontevedra, Teatro, Moda...