A relación entre Valle-Inclán e o cinema abre o congreso sobre a súa figura

É unha das actividades organizadas para celebrar o 75 aniversario do seu pasamento

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
A relación entre Valle-Inclán e o cinema abre o congreso sobre a súa figura

O catedrático da USC e membro da Real Academia Española , Darío Villanueva, será o encargado de abrir hoxe o congreso “Valle-Inclán e as artes”. Unha cita organizada pola Universidade de Santiago co apoio doutras entidades para afondar na relación que o creador pontevedrés tivo en todas as disciplinas creativas. Durante tres días afondarase na súa relación coa música (Carlos Villanueva e Dru Dougherty), coa pintura simbolista (Carmen López Fernández) ou os seus leigados manuscritos (MargaritaSantos Zas, Javier Serrano y Amparo de Juan), así como a análise dalgunha das súas obras. Como acto de colofón a este congreso, que se desenvolve ata o venres en Santiago, o Museo de Pontevedra acollerá a inauguración da exposición Retratos de Valle-Inclán.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con USC, Cine, Darío Villanueva, Museo de Pontevedra

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares