Os 430.000 euros que achegan o concello, o Consorcio de Santiago, a Deputación e a Xunta á Fundación Granell é unha candidade elevada. Por iso, o concello pretende buscar fórmulas imaxinativas para rendibilizar o espazo e, ao mesmo tempo, dar a coñecer un dos edificios máis emblemáticos do casco histórico. En declaracións do concelleiro de Cultura, Ángel Currás, a El Correo Gallego pretende deseñar un plan de actividades para rendabilizar as instalacións. Entre as opción que se barallan figura abrir a cafetaría e recuperar actividades privadas no espazo. O concelleiro de Cultura e mais a directora da Fundación Granell, Natalia Fernández, reuniranse en breve para abordar estas cuestión.