Os outros muros

Artestudio Teatro leva a escena a adaptación dunha obra de Agustín Fernández Paz

| Santiago. Redacción | Seccións: Artes Escémicas
Compartir:
Detalle da montaxe "Valados"

Detalle da montaxe "Valados"

Un muro divide unha vila imaxinaria en dous. De cada lado queda unha parella de amigos que tentará comunicarse evitando a separación que a absurda medida xerou. “Un pouco como o muro de Berlín” asegura Xurxo Cortázar, director de Valados, montaxe de Artestudio Teatro que adapta unha obra de Agustín Fernández Paz. “Rubén Ruibal foi o encargado de facer un traballo de adaptación da obra narrativa a teatro” explica Cortázar. A montaxe inclúese na Mostra das Artes Escénicas na xornada do xoves 20 (Salón Teatro, 13:00 horas).

VALADOS
Artestudio Teatro
infantil de 7 a 12 anos
teatro de actor | 55 minutos
Autoría: Agustín Fernández Paz
Dirección: Xurxo Cortázar
Elenco: Estefanía Gómez,
Ramiro Neira, Xurxo Cortázar

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Algún día…

Algún día…

Teatro do Atlántico reflexiona sobre a vida a raíz de catro actrices na súa última montaxe

Pío, pío

Pío, pío

Caramuxo Teatro achégase á natureza con Pío, a súa ultima montaxe

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Agustín Fernández Paz, Muros, Rubén Ruibal...